Daniel Añón

Guitarra eléctrica 

19.JPG

Empeza a tocar a guitarra con oito anos da man de Enrique Rodríguez Iglesias, e estuda no Conservatorio Superior da Coruña, onde se licencia no ano 2008 baixo a tutela  de Ramón Carnota. Complementa os seus estudos recibindo clases de guitarristas como Alex Garrobé, Marco Socías, Carles Trepat ou Carlo Marchione, ademais doutros cursos complementarios de formación no campo musical. Formou parte da Agrupación Musical Albéniz, da Xove Big Band do Conservatorio da Coruña e foi membro de varios grupos da escena local coruñesa, entre eles o proxecto Réquiem de Jose Carballido realizando gravacións e numerosos concertos. Colaborou ademais coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. Actualmente compaxina os escenarios co seu labor docente na Escola Municipal de Música da Coruña,  na que é profesor de guitarra clásica desde o ano 2009.






 Mail: info@josecarballido.com             Contratación: Plancto xestión cultural +34 616 858 321  amos@planctoxestioncultural.com