Mónica Pita

Guitarra española e coros

3.JPG

Natural de Cariño (A Coruña), comezou coa guitarra á idade de seis anos da man de Dna. Marisa Novo Fraguela. Con nove anos trasladouse ao Conservatorio Profesional de Viveiro onde realizou o grao elemental e medio con D. Antonio Álvarez Neira. Posteriormente cursa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música da Coruña con Antonio Rocha e Eulogio Albalat. No ano 2006, tras finalizar a súa carreira, é admitida na “Escola Superior de Música de Catalunya” para continuar a súa formación con D. Álex Garrobé, con quen estuda durante dous anos. Paralelamente asiste a cursos e recibe clases maxistrais de mestres como Marco Socías, David Russell, Carlo Marchione, Joaquín Clerch, Ricardo Gallén...Foi premiada no “IV Ciclo de Novos intérpretes de Ortigueira” e finalista no “I Concurso Nacional Chinchilla de Montearagón”. Actualmente é parte integrante do Cuarteto Azosso e compaxina a actividade concertística coa docencia en escolas de música.



 Mail: info@josecarballido.com             Contratación: Plancto xestión cultural +34 616 858 321  amos@planctoxestioncultural.com