A Sombra dos Soños

A Sombra do Soños é o  primeiro proxecto completamente en galego de Jose Carballido.

O grupo móvese entre diferentes estilos de rock e metal con variadas influencias que van dende o rock dos setenta ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e acústicos.

A formación gravou o seu  primeiro disco (I) durante o 2022 nos estudios Disquesí. 


Os textos son predominantemente intimistas, explorando a alma humana desde diferentes puntos de vista e poñendo os personaxes de cada canción en diferentes situacións co obxectivo de entender e analizar un mundo que casi nunca é sinxelo de comprender.



         

 Mail: info@josecarballido.com             Contratación: Plancto xestión cultural +34 616 858 321  amos@planctoxestioncultural.com